Un maio completo

Posted by Zhuravlev on 16:00
Maratón de lectura
Os participantes do Voluntariado na biblioteca escolar estivemos moi ocupados durante o mes pasado, organizando  e participando en moitas actividades. Desde o día 4, co inicio dunha campaña solidaria de recollida de roupa, ata o 31 coa emisión dun programa da Cadena Ser desde a Biblioteca do centro, foi un mes do máis movido.
Como mostra unha das actividades realizadas: un obradoiro de papiroflexia organizado polo departamento de Matemáticas.

Libraría Berbiriana

Posted by Sara souto on 15:35
O luns, 29 de maio, tivemos o encontro do Club de lectura en familia na libraría Berbiriana. É unha libraría especial cun espazo central con mesas para tomar algo mentres les ou conversas. Teñen novidades moi interesantes. Persoalmente, chamáronme a atención varios libros que podedes ver en Caladoiro
Ah! Berbiriana está na rúa Santiago, no nº 7 (buses Porta Real) Teñen actividades moi interesantes que podedes consultar na páxina: http://www.berbiriana.com/

Concerto no instituto

Posted by mateito on 15:30
O venres, 26 a Biblioteca converteuse nun auditorio onde Pablo, o profesor de Música, xunto con Carmen, Damián, Dasha, Lucía, Mariña e Marta, ofreceron un concerto para o alumnado de 1º da ESO.
A magnífica interpretación das pezas seleccionados fixo deste concerto unha das actividades  máis apreciadas.





Aquí tedes unha sucesión de imaxes, mentres soa  Imagine de John Lennon

Libros premiados na II Gala do Libro Galego

Posted by Adminblog on 10:00
Na Biblioteca temos varios libros premiados na II Gala do Libro Galego, celebrada o sábado 20 de maio no Teatro principal de Santiago de Compostela. 
Os premios, sen dotación económica, recoñecen “a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial” ao longo do ano 2016 en Galicia.



Mercedes Queixas, Ledicia Costas, Antía Otero ou Xosé Monteagudo, recoñecidos na II Gala do Libro Galego

Toda a información en: 

http://praza.gal/cultura/14275/mercedes-queixas-ledicia-costas-antia-otero-ou-xose-monteagudo-reconecidos-na-ii-gala-do-libro-galego/

Exemplares na Biblioteca do centro:


inf. editorial
inf. editorial 
inf. editorial
inf. editorial

Concursos. Poesía

Posted by Adminblog on 12:49

XXXII CERTAME DE POESÍA MARÍA SOLIÑO
Fonte da imaxe

Nome do concurso                          BASES DO XXXII CERTAME DE POESÍA MARÍA SOLIÑO
Convoca                                          Biblioteca IES María Soliño
Condicións                                      Estudantado de ESO, Bacharelato e Ciclos.
                                                        Un mínimo de tres poemas, e un máximo de cinco (Lingua galega)
                                                        Copias mecanografadas por correo postal.

Prazo límite                                     14 xuño
Bases                                               Consultar

As matemáticas no cine

Posted by Zhuravlev on 16:00

  

Unha suxestión de compra para a Biblioteca.
Desde o día 12 celebramos  o Día Escolar das Matemáticas, cunha exposición dos fondos da Biblioteca e actividades para o alumnado.
Entre os fondos expostos falta unha película sobre unha das mulleres matemáticas da historia: Hipatia de Alexandría.  

Ágora (2009) é unha película  do director español  Alejandro Amenábar. Situada historicamente no Exipto do século IV, está protagonizada por Hipatia de Alexandría, unha matemática, filósofa e astrónoma que, pola súa devoción á ciencia, sufriu a represión dos cristiáns.


Unha aproximación a esta película pode verse en  
http://rtve.es/v/598621   

Sobre as mulleres matemáticas, recomendo o seguinte vídeo:         
https://vimeo.com/27364088

Actividades maio 2017

Posted by Inicial on 16:30

Aplicación "Ximnasio dos verbos"

Posted by Zhuravlev on 12:00

                                   
Problemas cos verbos galegos?
Non te preocupes porque vas poder instalar o 'Ximnasio dos Verbos' (Android) para poñerte en forma.
O 'Ximnasio dos Verbos' é unha aplicación para que adestres o presente con alternancia vocálica e os verbos irregulares en galego. 

Co noso plano de adestramento, poderás retrucar como un/ha regueifeirx e axiña serás un/ha Jedi dos verbos. Despois, o único que che quedará será axudar a outras persoas para que consigan o teu dominio do galego.

Cales son as características do noso adestramento?

*É subes ou sobes? Non te preocupes! Consulta todos estes verbos revirados e escóitaos.
*Uns bos trucos para que non esquezas estes verbos do demo.
*Como máis vale experiencia que ciencia, ofrecémosche exercicios para que adestres os teus abdominais verbais.
*Pon a proba todo o que aprendiches e convértete nun/nunha auténtic@ Jedi dos verbos en galego cos nosos xogos.

Esta aplicación naceu como un proxecto docente dentro das aulas de lingua e cultura galegas no Romanisches Seminar da Universität Heidelberg. Ao abeiro desta institución, o Galicien Zentrum (adscrito ao Iberoamerika-Zentrum) leva máis de 30 anos desenvolvendo as súas actividades sobre Estudos Galegos nas áreas de Filoloxía Románica e de Tradutoloxía. 

Dentro deste marco, as persoas que argallarmos isto fomos Gabriel Pérez Durán e Óscar Rivas González. Deseñámolo e programámolo, baixo licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional

Por último, o 'Ximnasio dos verbos' funciona sen necesidade de estar conectados, agás as definicións dos verbos e certas ligazóns. Isto require ligar cunha rede wifi ou de datos celulares.

Ler a nova en Galicia Confidencial

Google Play