Ilustrísima de Carlos Casares

Posted by Inicial on 19:02

Ilustrísima de Carlos Casares, publicada por Galaxia no ano 1980,   é unha das obras de lectura obrigatoria no ano 2017. Unha razón é que Carlos Casares será o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Outra razón é que é unha obra breve e de fácil lectura. Outra máis é que nos servirá para coñecer como eran as primeiras proxeccións cinematográficas,  para reflexionar sobre o fanatismo, os prexuízos e a manipulación dos medios de información, tanto na ficción como na realidade.